![]() |
Isaac Peral, no centro, sentado xunto a outros residentes do Balneario de Mondariz |
Este xoves 25 de xaneiro ás 19:00 horas terá lugar na hemeroteca unha charla ao redor da figura de Isaac Peral e a súa vinculación co Balneario de Mondariz, a cargo de Salvador Fernández de la Cigoña.
Unha conferencia, integrada no ciclo “A historia e os seus personaxes”
dentro da celebración do 150 aniversario do Balneario de Mondariz.
Mostraranse fotografías ata o de agora descoñecidas das súas estancias
na vila termal, e a súa visita ao Castillo de Vilasobroso.
Quedan na memoria do balneario numerosas anécdotas que demostran a súa
imaxinación e brillante enxeño. Numerosos recordos, entre eles, a súa
firma no Libro de Ouro do establecemento, así como fotografías das súas
diferentes estancias con outros personaxes destacados da sociedade
española daquel tempo.
O considerado naquela época como o home de moda pola súa xenialidade
creativa, coincidiu con Emilia Pardo Bazán, da que se fixo gran amigo,
integrándose na cuadrilla de verán da escritora.
Desas vivencias e da súa vinculación con Mondariz e Vigo falará Salvador Fernández de la Cigoña Fraga.