Presentación do libro “Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Páramos” [OUTRAS NOVAS]

 

A Clásica presenta a publicación “Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Páramos”, unha investigación sobre a figura do compositor e os espazos de lecer en Vigo entre 1920 e 1950.
No acto participarán os autores do libro Manuel Martínez Torres, Pepe Coira, Alejo Amoedo e Marcos Amado “Santiso”
Será o martes 7 de marzo ás 19:30 na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (García Barbón, 5)

Entrada libre ata completar aforo.