A vila termal continúa co ciclo “Personaxes e a súa historia na EMAO
de Vigo, desvelando unha investigación a partir da primeira fotografía
que se ten dun novísimo Eijo Garay visitando o establecemento termal en
compañía do Arcebispo de Westminster no ano 1909.
Leopoldo Eijo Garay, vigués de nacemento e o bispo que máis tempo obstentó
o cargo de bispo de Madrid, é o personaxe elixido por Balneario de
Mondariz para continuar co seu ciclo de “Os personaxes e a súa historia”
que conmemora o 150 aniversario da súa fundación. Unha charla, a cargo
de Monseñor Alberto Cuevas que terá lugar o xoves 30 de maio, ás 19.00
horas, na biblioteca da Escola de Artes e Oficios, EMAO, en
Vigo. E é que monseñor tivo unha relación estreita coa vila termal que
coñeceu da man Emilia Pardo Bazán coa que adoitaba gozar de faladoiros,
paseo e “curas de auga” durante o verán termal.