Luns 27 de novembro ás 19:00
Vigo, porta do mundo”, o libro póstumo do exdirector de FARO e cronista da cidade, Ceferino de Blas
será presentado esta tarde ás 19 horas na hemeroteca da Escola de Artes
e Oficios. Esta obra forma parte do proxecto cultural ao redor de Vigo e
a súa historia impulsado por FARO en colaboración co Concello
de Vigo, con motivo do 170 aniversario do decano da prensa nacional.
O
libro fai unha relación dos personaxes de renome que estiveron de paso
ou viaxaron á cidade ao longo do tempo, unha presenza que se multiplicou
entre o último cuarto do século XIX e os anos setenta do XX, en que o porto de Vigo foi paso obrigado para os barcos que unían os dous continentes: Europa e América.