Onte mestres e persoal da EMAO tivemos a sorte de visitar o órgano da Concatedral Santa María de Vigo, acompañados por Manuel Martínez Álvarez-Nava, director da Orquesta Clásica de Vigo, Manuel M. Torres, o director técnico e do restaurador do mesmo, Federico Acitores. Moitas grazas a todos polas súas explicacións.
Estas visitas forman parte do programa de actividades organizadas en torno ao primeiro Festival “8 Pés” que comezou onte e
concluirá o próximo día 27, que ten por obxectivo dar a coñecer este instrumento
construído por Alberdi en 1909.
concluirá o próximo día 27, que ten por obxectivo dar a coñecer este instrumento
construído por Alberdi en 1909.
O restaurador Federico Acitores |
Para todos os interesados mañá, xoves 25 de novembro ás 18:00 na nosa hemeroteca terá lugar Mesa Redonda sobre
“O órgano na igrexa: formación, liturxia e interpretación”: mesa redonda
con Marisol Mendive, profesora, e Daniel Goberna, prefecto de música da
Concatedral (modera: Daniel Sanmartín).
“O órgano na igrexa: formación, liturxia e interpretación”: mesa redonda
con Marisol Mendive, profesora, e Daniel Goberna, prefecto de música da
Concatedral (modera: Daniel Sanmartín).
A
historia do órgano como “instrumento musical” está inequivocamente
ligada á historia da Igrexa e á función que este exerce ao interno da
liturxia. Por este motivo, a práctica do instrumento e o uso que del
teñen feito os compositores sempre se desenvolveu a cabalo entre a
creatividade artística e a funcionalidade axeitada ao contexto sacro.
Esta dualidade supón un reto para os estudantes do instrumento, que
deben adecuarse ás novas necesidades e contextos do século XXI.