Martes 19 de abril ás 19:00, presentación do libro de Luz Darriba “Xoguetes para nenos cegos”. Acto organizado por Ateneo Atlántico no que intervirán tamén Xina Vega e Xabier Paz. Entrada libre ata completar aforo.(Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (GarcÃa Barbón, 5)
Nesta obra Xosé
rememora os anos da posguerra xunto a Xan, o fillo cego dos Pena
Moura, co que medrou servÃndolle como fiel guÃa e recibindo en pago
os refugos dos vencedores. “Xoguetes para nenos cegos” é
un relato sórdido, doloroso nalgúns momentos, anguriante noutros,
dun tempo non afastado de opresión, miseria e incultura.