![]() |
||||
Perfecto Costas Otero (1923-2022) |
Este luns pasado deixábanos Perfecto Costas Otero “Pucho”, antigo alumno da nosa Escola.
A mediados dos anos 30 do século pasado comezaba os seus estudos na
Escola de Artes e Oficios (debuxo de figura e adorno, debuxo de
aplicación, debuxo de croquización, modelado e baleirado) a finais dos anos 40 está tamén matriculado en ourivarÃa. Disciplinas que a recado lle foron de utilidade na súa profesión.
Debuxante e pintor, traballou no deseño de moitas das vidreiras artÃsticas realizadas pola CristalerÃa La Belga en igrexas e edificios públicos da nosa cidade. Deseñou entre outras as vidreiras da Igrexa dos Pais Carmelitas ou da Estación MarÃtima.
Nacido no Berbés, fillo de mariñeiro e pescantina, conservou na súa memoria as imaxes do barrio no que transcorreu a súa infancia. A súa pintura é de temática costumista, os seus protagonistas son pescantinas, carrexonas, patróns e mariñeiros do litoral vigués. Algúns dos espazos retratados
son aqueles que observaba de neno, a Igrexa de San Francisco, o antigo
Peirao do Comercio, a antiga caseta de medición de mareas, o Areal, o Naútico ou o barrio do Espiñero en A GuÃa.
Lembrámoslle na inauguración da exposición histórica “A Escola de Artes e Oficios. 130 anos na historia de Vigo” aÃnda coa alegrÃa e vitalidade de sempre.
Desde aquà queremos enviar o noso máis sentido pésame á súa familia e
amigos. Descanse en paz!