Presentación do Poemario “Inocencia Resilente” na Biblioteca da EMAO [OUTRAS NOVAS]

Venres, 5 de novembro ás 20:00 horas, presentación na Biblioteca da EMAO do poemario “Inocencia resilente” de Paula Ferreira
 
 

O meu desexo é que este pequeno libro escrito desde as profundidades da
miña alma con moita dor e esperanza, sexa alivio para algúns,
información para outros, motivación para romper o silencio para uns
cuantos, azoute de conciencia para “ollos que non queren ver”… e sobre
todo, que sexa homenaxe para os que non resistiron o sufrimento que
carrexa o roubo da infancia.
(Paula Ferreira)