Presentación do Libro “Os Timbais da Banda Municipal de Música de Vigo” [OUTRAS NOVAS]

 

Este xoves 10 de marzo ás 19.00 horas na nosa hemeroteca, presentación do libro “Os timbais da Banda Municipal de Música de Vigo. Historia musical de Vigo a través dunha restauración”, editado por Manuel Martínez Torres, director técnico da Orquestra Clásica de Vigo, e que conta co apoio da Deputación
de Pontevedra. O acto contará coa participación dos autores e
investigadores do libro, Manuel Martínez Torres, director técnico da
Clásica e editor; Pablo Abreu, Alejo Amoedo e David Rodríguez

No acto
presentarase a publicación, que recolle o proceso de localización,
identificación e restauración dos timbales da Banda
Municipal de Música de Vigo, e darase un avance do concerto Mozart
esencial, que terá lugar o 18 de marzo no marco da tempada
Correspondencias da Clásica e onde soarán por primeira vez estes timbales restaurados.