A Real Fábrica de Tapices inaugurará mañá, mércores 7 de xuño ás 18.30h, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo o Seminario sobre Conservación e Restauración do Patrimonio Téxtil
de Irmandades e Confrarías.
O seminario será presentado polo director da Real Fábrica de Tapices,
Alejandro Klecker, que explicará a orixe, a evolución e os principais
personaxes que configuraron a Historia da Real Fábrica de Tapices
Durante o evento, a directora de Restauración da Real Fábrica de
Tapices, Verónica García Blanco, explicará algúns consellos básicos para
prolongar a duración dos téxtiles.
Por exemplo, a que temperatura deben almacenarse, como manipulalos para
evitar que rompan as fibras, a que grao de humidade deben estar expostos
e que medidas adoptar para evitar que aniñen neles avelaíñas ou
calquera outro insecto.
Na xornada tamén participará Almudena López, especialista en Tinguiduras
da institución, que destacará a importancia da tinción e a avaliación
da cor nos procesos de restauración téxtil. Tamén revelará as
claves do proceso de tinción na Real Fábrica de Tapices onde
sustentabilidade, reversibilidad e respecto pola peza orixinal son
cuestións fundamentais.