Dentro da programación anual da EMAO prevese, ao remate de cada curso académico, a produción dunha exposición dos resultados dun proxecto que, partindo dunha idea xeradora única, dea lugar a interpretación, despregue do traballo e saber facer dos distintos talleres.
Neste ano 2023, Ano de Picasso polo cincuentenario do seu falecemento, estanse a facer multitude de actividades de toda Ãndole na súa memoria e a súa pegada. A EMAO, non Ãa ser menos, e arredor da súa figura agromaron neste curso os proxectos creativos e retos técnicos que agora se amosan. Trátase, novamente, da coidada exposición de produtos creativos desenvolvidos coa participación do alumnado a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, sempre asumida polo grupo.
“Arredor de Picasso. Olladas desde a EMAO” representa, pois, o impacto da inspiración que a obra do malagueño universal ten nas diferentes especialidades da EMAO, recollendo os traballos especificamente realizados polo alumnado e profesorado da escola en conmemoración do 50 aniversario do seu pasamento, unÃndose deste xeito aos innumerables actos e actividades que durante este ano se están a desenvolver por todo o mundo.
Esta exposición estará aberta entre os dÃas 16 de xuño e o 27 de outubro de 2023 (pechada o mes de agosto).
FICHA
DA EXPOSICIÓN
– Do 16 de xuño ao 30 de xuño: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
– Do 3 de xullo ao 15 de setembro (agosto pechado): de luns a venres, laborables, de 10:30h a 13:30h
– Do 18 de setembro ao 27 de outubro: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h