Arte entre catro paredes [OUTRAS NOVAS]

Hoxe o Faro de Vigo publica esta reseña sobre a exposición “Arte Confinada” que se inaugura este próximo venres, 22 de abril ás 19:00 horas. no Espazo EMAO.

Durante o confinamento domiciliario para evitar a perda de contacto co profesorado e a actividade escolar, púxéronse en marcha algunhas medidas de comunicación e relación non presencial, co uso dos medios ao noso alcance: iniciouse a publicación do Blog EMAO EN LIÑA, activáronse os grupos de mensaxería instantánea de cada especialidade, artelláronse titoriais e propostas didácticas para a continuidade, no posible, do curso escolar que irremediablemente quedaba truncado. 

Neste contexto se producen distintas propostas docentes de realización de exercicios estructurados na casa, que serviron tanto para non perder o contacto, como para que a arte, a artesanía e a creatividade se convertisen nun acompañante fiel do noso alumnado naquelas insólitas horas de encerramento nas casas.

Dous anos despois, reunimos nesta exposición parte das
creacións do noso alumnado durante o período de confinamento, entendido
este tamén no senso amplo da resposta persoal e artística á pandemia por
parte das persoas matriculadas na nosa Escola.

 Título: Arte confinada

Produción e montaxe: Equipo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello de Vigo 
Lugar:
Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios
de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e
Rosalía de Castro. 
Datas: do 22 de abril ao 20 de maio de 2020.
Comisariado:
Federico Fernández, Rosa García e Darío A. Basso, mestres das
especialidades de Debuxo, Talla e escultura en madeira e Pintura da
EMAO, respectivamente.
Cartaz: Federico Fernández, sobre unha escultura de Rosa García